A Laracha acollerá o 21 de maio unha xornada informativa sobre o párkinson

A Asociación Párkinson Galicia-Coruña, coa colaboración do Concello e da Fundación “la Caixa”, realizará na Laracha unha xornada informativa sobre esa enfermidade o vindeiro día 21 de maio a partir das 19:00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre e gratuíta para o público e sen necesidade de inscrición previa.

A sesión será impartida por Sandra García, responsable da área de fisioterapia da entidade organizadora. Ofrecerase unha visión actualizada sobre o párkinson e afondarase nas cuestións máis importantes que deben coñecer aquelas persoas que estean diagnosticadas coa enfermidade, ademais de aclarar calquera dúbida ao respecto dos asistentes.

A xornada pretende non soamente informar, tamén apoiar ás persoas que sofren párkinson e ás súas familias, e sensibilizar á poboación sobre unha doenza que afecta a millóns de persoas en todo o mundo e que require dun enfoque multidisciplinar  para a súa abordaxe.

Related posts

O PSdeG esixirá que se realicen analíticas da auga na contorna afectada pola rotura da balsa de Monte Neme

Cee acolleu o acto de homenaxe a Concha Seoane, «a alma de Aspadex»

O Concello de Ponteceso impulsa a mellora integral da rúa Voluntariado, en Corme Porto, reforzando a rede viaria e o saneamento