O Concello da Laracha organiza a charla informativa sobre a avespa asiática (vespa velutina) será o mércores 20 de marzo na Casa da Cultura a partir das 20:00 horas por Lolo Andrade, experto, investigador e técnico en insectos.
A iniciativa é aberta a todos os públicos que desexen participar e aclarar todas as súas dúbidas sobre esta especie invasora que durante os últimos anos se está deixando notar en diferentes puntos do termo municipal.
Entre os contidos da charla estarán a explicación de que é a avespa velutina e o seu ciclo vida, a maneira de actuar máis axeitada cando unha persoa detecte un niño e como deben realizarse os primeiros auxilios en caso dunha picadura, especialmente con persoas alérxicas.
O Concello da Laracha agasallará a todos os asistentes cunha trampa ecolóxica e un líquido atraínte para as avespas velutinas que é inocuo para o resto das especies, incluídas as nespras autóctonas e as abellas.
A participación será gratuíta para o público asistente e non se requirirá inscrición previa.