A Laracha acolleu a última xornada formativa sobre doenzas e pragas dos castiñeiros

Cedida.

A deste xoves foi a terceira e última sesión do curso formativo sobre a planificación, deseño, manexo e coidados das plantacións de castiñeiro de froito. Neste caso a temática consistiu nas pragas e doenzas que sofren este tipo de árbores.

Do mesmo xeito que nas citas anteriores, participaron quince persoas. A charla, realizada no edificio administrativo da Laracha, foi a cargo de persoal técnico do Centro Agroforestal de Riós en colaboración coa Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

Estas xornadas foron dirixidas especialmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

A Agacal, a través deste tipo de iniciativas de formación, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico.