O lugar do Igrexario da parroquia de Lemaio está a ser obxecto dunha intervención dirixida a mellorar o pavimento da estrada e tamén a rede de recollida de augas pluviais nunha distancia lineal de 350 metros.
Estas obras, que xa están en marcha, forman parte dun proxecto valorado en máis de 181.000 euros e que contempla outra serie de intervencións de renovación da rede viaria en estradas rurais que se realizarán a continuación.
Nesta mesma parroquia de Lemaio actuarase nas estradas A Fraga-Tuixe e A Xesteira-O Ramo. En Cabovilaño realizaranse obras de similares características na estrada A Fraga-A Barreira e nos núcleos de Arén e de Xeriz. En Coiro están contempladas as melloras das vías O Coto-O Rapadoiro e Novás-Gudís. E en Vilaño intervirase en varios camiños do núcleo de Marfulo.
En total son máis de catro quilómetros lineais da rede viaria nos que se mellorará o pavimento e se reforzará a seguridade grazas a este proxecto.