A Laracha acompañará este venres a Coristanco en nivel alto de restricións por covid

0 minutes read

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou o establecemento do nivel alto de restricións no Concello da Laracha, que acompaña deste xeito a Coristanco que xa estaba neste nivel. As medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento no termo municipal de Carballo. No resto dos concellos da zona estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro venres, 7 de maio.