A Laracha | Acondicionamento da praia de Caión pola afluencia de visitas na Semana Santa

1 minutes read
  • Os traballos están contemplados no contrato de servizo de limpeza viaria do Concello

Ante a previsión dunha maior afluencia de visitas á praia de Caión durante esta Semana Santa, o Concello da Laracha acometeu unha completa intervención de acondicionamento tanto no areal coma no seu entorno. Estas actuacións están contempladas no contrato do servizo de limpeza viaria, polo que está a ser executada pola empresa concesionaria a instancias do Concello.

Na praia os traballos fixéronse de dous xeitos complementarios: empregando medios mecánicos para o cribado e nivelación de area así como a recollida de lixo por medios manuais a través dunha cuadrilla con cinco integrantes. Simultaneamente realizáronse actuacións de limpeza e acondicionamento nos accesos á praia e nas zonas de aparcamento de vehículos.