A Laracha | Actividades de conciliación na praia de Caión coa Federación Galega de Socorrismo

Praia de Caión_Concello de A Laracha

  • Van dirixidas a rapaces de entre 4 e 16 anos de idade.
  • As inscricións deben formalizarse na web da FESSGA.

Os usuarios da praia larachesa de Caión poderán beneficiarse este verán do Plan Corresponsables a través do cal a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) oferta actividades de animación sociodeportiva co obxectivo de contribuír á conciliación das familias.

A iniciativa é impulsada pola Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte co apoio das diferentes federacións deportivas, entre elas a FESSGA. No caso de Caión, as actividades realizaranse ata o 15 de setembro. Os luns, mércores e venres o horario será de 10:00 a 19:30 horas; mentres que os martes e os xoves será soamente en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas.

Poderán participar rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. As inscricións son gratuítas e deben formalizarse cubrindo o seguinte formulario. Terán prioridade de acceso as familias monoparentais, vítimas da violencia de xénero, mulleres en situación de desemprego de longa duración e mulleres maiores de 45 anos de idade.