A Laracha | Acto solidario da asociación Adro de Vilaño



Durante o pasado mes de xullo a asociación larachesa Adro de Vilaño lanzaba unha edición especial da camiseta da Carreira do Apóstolo, da cal se anunciou que unha parte dos beneficios terían carácter solidario. A asociación tiña como obxectivo contribuír coas persoas con maiores dificultades debido á difícil situación económica e social provocada pola crise do covid-19.

Deste xeito, a Asociación Cultural Adro de Vilaño fixo entrega a Cáritas dun cheque solidario de 300 euros tras a finalización da venda de camisetas solidarias. No acto participaron varios membros da asociación, as dúas responsables de Cáritas da Laracha e o párroco de Vilaño.