A Laracha | Actuacións de limpeza e desbroce en Caión de cara á Semana Santa

1 minutes read
  • A intervención afecta a uns 50.000 metros cadrados, e acométese ante a previsión dunha maior afluencia de visitantes

As brigadas municipais de conservación e mantemento medioambientais da Laracha realizaron unha ampla intervención de desbroce e limpeza preto da praia de Caión e tamén no Sendeiro de Saldoiro, o tramo do paseo marítimo que conta co distintivo de Sendeiro Azul.

A intervención afecta a uns 50.000 metros cadrados de superficie, e acométese de cara á previsión dunha maior afluencia de visitantes na vila pola ponte de San Xosé e a Semana Santa.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito, quixeron comprobar o resultado das actuacións desprazándose ata Caión, onde mantiveron un encontro cos operarios municipais para darlles indicacións sobre as zonas nas que traballarán nos próximos días.