A Laracha | Adiada a obra ‘Operación Coroa’, enmarcada no ciclo ‘Teatro con Salitre’

0 minutes read
  • Finalmente será representada o venres 1 de abril no centro sociomunitario de Caión

O Concello da Laracha comunica que queda adiada para o venres 1 de abril a obra de teatro Operación Coroa, incluída no ciclo Teatro con Salitre, e prevista para esta semana. Será ás 21:30 horas no centro sociocomunitario de Caión e a entrada é gratuíta.

Operación Coroa, da Asociación Cultural Faíscas, é unha comedia na que un grupo de mulleres aproveitan a visita da raíña de Inglaterra para dar un golpe que remate coa súa precaria situación económica.