A Laracha | Adxudicada a redacción do proxecto de construción dunha nova senda na AC-552

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a redacción do proxecto de construción dunha nova senda na estrada AC-552, ao paso polo concello da Laracha.

Este contrato, adxudicado ao consultor SERYE INGENIEROS, S.L. por máis de 17.000 euros, conta cun prazo de 5 meses para redactar o proxecto.

Trátase dunha senda peonil pola marxe esquerda da estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 23,4 e 25,6, atravesando as parroquias de Cabovilaño e Lemaio.
Esta senda ten como obxectivo completar un itinerario peonil continuo ao longo da estrada AC-552, considerando as beirarrúas nas travesías e as sendas executadas pola Xunta nos últimos anos.