- Actuarase nun total de 12 quilómetros de estradas en diferentes núcleos
A Xunta de Goberno Local da Laracha adxudicou este xoves un novo proxecto de mellora da rede viaria na parroquia de Montemaior por 95.000 euros. A actuación afecta a un total de 12 quilómetros de varias estradas.
Nas vías dos núcleos e nos accesos a O Batalo, Bardenlos e A Ferreira serán melloradas a superficie de rodadura dos vehículos, a rede de recollida de augas pluviais e as cunetas e a sinalización, tanto horizontal como vertical.
No lugar de Casaslongas a intervención afectará a tres camiños e consistirá no aporte dunha nova capa de aglomerado para facilitar a circulación; mentres que no Lorteiro, ademais da renovación do firme, tamén se contempla o acondicionamento dos sobreanchos para habilitar máis prazas de estacionamento e a correspondente sinalización.
Por último actuarase en Pazos, onde tamén será mellorada a superficie de rodadura dos vehículos incluíndo nova sinalización horizontal e vertical.