A Laracha | Alumnas do Obradoiro de Emprego fórmanse na manipulación de alimentos

1 minutes read
  • Cursan a especialidade de atención sanitaria. Os alumnos do pintura industrial continúan traballando en instalacións municipais

As dez alumnas da especialidade de «Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais» do Obradoiro de Emprego A Laracha VII realizaron un curso de manipulación de alimentos de 4 horas de duración. No mesmo puideron ampliar coñecementos e traballar conceptos de interese para o seu labor profesional como a cadea alimentaria, os axentes contaminantes, métodos de conservación de alimentos, alerxias ou dietas especiais.

Durante o curso recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Emprego, Rocío López, que acudiron acompañados pola directora do Obradoiro.

Despois de examinarse da penúltima das unidades formativas incluídas no certificado de profesionalidade, as alumnas comezarán as prácticas en centros de día e residenciais da Laracha, Arteixo e A Coruña a partir do próximo 7 de marzo. Isto será posible grazas aos convenios de colaboración asinados entre o Concello larachés, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos.

Especialidade de pintura industrial en construción
Así mesmo, a outra especialidade do Obradoiro de Emprego A Laracha VII, da que forman parte outros dez alumnos traballadores, continúa desenvolvendo a fase formativa práctica coa realización de traballos de mellora de instalacións de titularidade municipal.