A Laracha amplía a calzada e mellora o firme no núcleo de San Paio, en Erboedo

O Concello da Laracha ten en fase de execución o proxecto de mellora  da estrada no núcleo de San Paio da parroquia de Erboedo.

A actuación contempla a ampliación da anchura da calzada e a renovación do firme cunha nova capa de aglomerado asfáltico para facilitar a circulación dos vehículos. Concluiranse os traballos coa correspondente sinalización para reforzar a seguridade.

Esta ampla e completa intervención en San Paio suporá un investimento aproximado de 75.000 euros.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, acudiron ao lugar das intervencións co director da obra para supervisar os traballos que se prolongarán durante os próximos días.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha