A Laracha avanza na contratación de tres proxectos de mellora viaria municipal

Concello da Laracha

  • O investimento total alcanzará os 383.000 euros

O Concello da Laracha convocou para este xoves unha reunión da Mesa de Contratación para valorar e clasificar as ofertas presentadas para a adxudicación de tres proxectos de mellora da rede viaria municipal que suman un orzamento total de 383.000 euros.

Un deles afecta a unha única estrada da parroquia de Vilaño que presenta unha lonxitude de 2,7 quilómetros e comunica os lugares de A Ribela, Marfulo e A Piña. O presuposto é duns 144.000 euros e presentáronse quince licitadores.

O proxecto de mellora da rede viaria en núcleos das parroquias de Golmar (A Calvela e Requesende) e Erboedo (Cendón) está valorado en 108.000 e son catorce as empresas que aspiran á adxudicación do contrato.

Outro dos plans inclúe intervencións nas parroquias de Erboedo (núcleo de Vilarmaior e accesos a O Vilar), Coiro (accesos a Longra e O Toural), Montemaior (núcleos de Cumiáns e A Fieira) e Lestón (A Porta Santa). O investimento superará os 131.000 euros e hai presentadas once ofertas.