31
- A Costa da Morte…Namora, da fisterrá Chelo do Xastre, poderá visitarse ata o 30 de xuño no centro sociocomunitario
O centro sociocomunitario de Caión, na Laracha, acolle este venres a exposición fotográfica A Costa da Morte…Namora, da fisterrá Chelo do Xastre. Trátase dunha recompilación de imaxes do litoral galego que poderá verse ata o 30 de xuño de luns a venres, en horario de 17.00 a 20.00 horas.
A autora sinala que nas instantáneas destacan, sobre todo, os faros da comarca, aqueles que «guiaron sempre aos mariñeiros» pero tamén a ela mesma en todo o procedemento artístico.