A Laracha celebra o mes do libro cunha programación cultural dirixida ao público infantil

1 minutes read
  • O obxectivo desta iniciativa é fomentar a lectura entre os máis pequenos

Con motivo do Día Internacional do Libro, que se celebrará o vindeiro 23 de abril, o Concello da Laracha organiza unha programación cultural para fomentar a lectura en xeral e, especialmente, entre os máis pequenos. Por este motivo poñerá en marcha tres sesións de contacontos teatralizadas dirixidas ao público infantil.

O programa abrirase o xoves 15 no CEIP de Caión. Teatro Calavera achegará aos nenos de entre tres e dez anos a función Brincadeira Pirata. O sábado 24, na Casa da Cultura da Laracha, terá lugar o espectáculo Ris Ras de Baobab Teatro, pensado para un público de ata oito anos. Á seguinte semana, concretamente o venres 30, esta programación cultural pecharase no centro sociocultural de Paiosaco con A familia Papaventos, un espectáculo musical a cargo de Charo Pita.

Todos os espectáculos iniciaranse ás 18:00 horas. A entrada será gratuíta ata completar aforo e as condicións para levar a cabo estas actuacións estarán suxeitas á situación epidemiolóxica.