A Laracha | Celebrado un obradoiro infantil no Museo dos Muíños de Golmar

1 minutes read

“Facendo pan”, así se chamou un obradoiro infantil que se realizou no Museo dos Muíños de Golmar coa participación dunha quincena de rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos. 

Constou de dúas fases. A divulgativa consistiu nunha visita comentada polo museo para coñecer a historia, xeografía, arquitectura, tradición e economía da época de maior importancia dos muíños de auga, así como o funcionamento dos seus diferentes mecanismos, incluíndo o visionado dun vídeo explicativo.

Na fase participativa cada neno amasou e preparou o seu propio bolo seguindo a receita que se explicou previamente. A continuación, coceuse no forno da Panadería Antonio, situada xunto ao museo. Finalmente explicáronse as diferentes partes do pan (codia, miolo, corrosco, codela, etc.).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?