A Laracha celebrou unha nova edición da festa homenaxe aos seus maiores

1 minutes read

O pavillón do IES Agra de Leborís acollía este sábado 17 de maio unha nova edición da festa homenaxe aos maiores da Laracha organiza como cada ano nestas datas polo Concello.

O evento comezou cunha misa oficiada polos párrocos D. Manuel Boullón e D. Manuel Mallo.

A continuación serviuse o xantar e a xornada remataba cun baile amenizado polo Grupo Ritmo.

O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira Rocío López agasallaron en nome da Corporación municipal á muller e ao home de maior idade de entre as 650 persoas presentes na Festa Homenaxe, que son:

– Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras, da Grela (Lestón). 100 anos.

– Julio Añón Pereiro, de Centulle (Lestón). 97 anos.