A primavera é a época do ano idónea para capturar raíñas e eliminar niños primarios da avespa velutina. Por iso os voluntarios de Protección Civil da Laracha están a colocar 120 trampas distribuídas por diferentes puntos do termo municipal.
É común o xurdimento de niños de vespa velutina a baixa altura, por exemplo no interior de valados de fincas, galpóns, tellados, fachadas de vivendas e árbores de pequenas dimensións. É por isto que, a pesar do confinamento decretado durante o estado de alarma, eses niños poidan ser detectados por particulares.
A colaboración cidadá é imprescindible para que as administracións poidan coñecer o emprazamento dos niños e actuar para retiralos. No caso de que unha persoa detecte un, debe dar o aviso á Xunta de Galicia chamando aos teléfonos 112 ou 012.