A Laracha | Concello e Xunta estudan posibles melloras no transporte escolar

0 minutes read
  • Plantexáronse intervencións no IES Agra de Leborís e nos CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e Otero Pedrayo da Laracha.

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, mantiveron este mércores unha xuntanza de traballo na que plantexaron posibles melloras no transporte escolar en tres centros educativos do municipio: no IES Agra de Leborís, no CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e no CEIP Otero Pedrayo da Laracha.