- O investimento situarase preto dos 65.000 euros
O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, desprazouse este xoves ata A Laracha para interesarse polo proxecto de mellora do complexo deportivo da piscina municipal. Durante as visitas ás instalacións estivo acompañado polo alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Rocío López.
Esta intervención, valorada nuns 65.000 euros, estará confinanciada por ambas institucións. Por unha parte realizarase unha completa mellora na cuberta co propósito de impermeabilizala e evitar posibles filtracións de auga. Tamén se renovará o pavimento do ximnasio e instalarase un novo de tipo deportivo e apto para a colocación de maquinaria.
Na zona da piscina actuarase no pavimento para evitar filtracións cara as praias e, por tanto, a perda de auga do vaso.
Tamén se contempla a reforma da fachada cunha intervención de mantemento e reparación da madeira do revestimento exterior do edificio.