A Laracha | Concello e Xunta melloran o pavillón municipal por 40.000 euros

Obras en el pabellón municipal de A Laracha_Cedida

  • O Concello asume 15.000 euros do total con fondos propios

Un convenio de colaboración entre o Concello da Laracha e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia permite que na actualidade se estean executando melloras no interior e exterior do pavillón municipal.

A fase máis laboriosa do proxecto localízase na cuberta, onde se están a substituír as placas do lucernario ademais de aplicar unha protección con pintura para favorecer a conservación e evitar que algunhas zonas poidan verse afectadas polos temporais. Tamén están a ser cambiados os canalóns e contémplase volver a pintar as ménsulas de aceiro, muros exteriores e paredes interiores do polideportivo.

O investimento alcanza os 40.000 euros, dos cales 25.000 euros son achegados pola Secretaría Xeral para o Deporte por medio dunha subvención nominativa. Os 15.000 euros restantes son asumidos polo Concello con fondos propios municipais.