- O Goberno autonómico destinou unha axuda de 25.000 euros ás intervencións
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel Varela, supervisou o resultado das obras de polideportivo municipal larachés, que superaron os 39.000 euros de orzamento cunha axuda da Xunta de 25.000 euros.
A colaboración entre o Goberno galego e o Concello permitiu a substitución das placas do lucernario, a reparación e protección do canlón existente, a pintura das ménsulas de aceiro do aleiro da cuberta e substitución das máis deterioradas, a reparación do pintado interior e exterior dos muros e o repaso e substitución da tornillería da cuberta en mal estado.
Trenor destacou que o obxectivo destas achegas é «apoiar a práctica deportiva nos concellos» e contribuír, así mesmo, a impulsar o deporte entre a veciñanza para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.