A Laracha | Conclúen as obras de mellora da estrada no núcleo da Fraga, na parroquia de Vilaño

A intervención consistiu no acondicionamento da plataforma da vía, que anteriormente presentaba un pavimento de terra, mediante a dotación dunha nova capa de aglomerado asfáltico para a superficie de rodadura dentro da zona de núcleo para favorecer o tránsito dos vehículos e usuarios. Tamén se contempla o pintado das marcas viarias e a colocación da sinalización para reforzar a seguridade.

Nos próximos días, o Concello da Laracha, tamén ten previsto executar outras dúas intervencións nos lugares de Proame (parroquia de Lemaio) e A Pedra (Coiro) en estradas de titularidade municipal situadas en núcleos rurais, do mesmo xeito para renovar o pavimento e aumentar a seguridade.

Desde o Concello informan que a conservación e mantemento en bo estado dos máis de seiscentos quilómetros de estradas que conforman a rede viaria local é un asunto prioritario, xa que é cuestión esencial para que existan boas comunicacións entre os máis de trescentos núcleos de poboación que existen no termo municipal.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila