A Xunta de Goberno Local celebrada este mércores no Concello da Laracha acordou concorrer a dous programas de subvencións convocados pola Deputación da Coruña.
Un deles é o dirixido a cooperar coas entidades locais no financiamento dos servizos sociais comunitarios de competencia municipal. O Concello pretende acollerse a dúas liñas de axudas relacionadas co cofinanciamento dos gastos de parte do persoal administrativo e técnico adscrito a ese departamento e, tamén, do servizo de axuda no fogar por libre concorrencia. A contía da achega ao Concello da Laracha a través deste programa ascendería a un total de 152.000 euros.
O outro programa é o relacionado coa colaboración económica para a contratación dun técnico de turismo por un período de un ano.