A Laracha | Coñece ás gañadoras do concurso de marcapáxinas polo Día das Letras Galegas

Concurso de marcapáxinas polo Día das Letras Galegas_Concello da Laracha

  • Os traballos que obtiveron os primeiros premios serán editados e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais

O concurso de marcapáxinas organizado polo Concello da Laracha polo Día das Letras Galegas xa ten gañadoras. Dirixido ao alumnado de Educación Primaria, houbo catro premiadas:

Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria:
• 1º premio: Sofía Queijo Rey por Soñar esperta, cos ollos abertos
• 2º premio: Vera Castro Cacharrón por Un conto

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria:
• 1º premio: Uxía Rodríguez Cotelo por Eu elixo ler
• 2º premio: Noa Cabezas Martínez por Os extraterrestres tamén len

As catro galardoadas recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades. A entrega dos premios será o próximo venres, ás 19:00 horas, na biblioteca municipal da Laracha. Ademais, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha