A Laracha conmemora o Día do Libro con catro propostas para o mes de abril

1 minutes read
  • Dirixidos a un público infantil, os espectáculos comezarán ás 18:00 horas e a entrada será gratuíta

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro co obxectivo de fomentar a lectura, especialmente entre os nenos. Por este motivo, entre outros, abril é considerado como o Mes do Libro e son moitos os concellos galegos que programan para estas semanas actividades culturais e lúdicas. O concello da Laracha é un deses municipios e presentou un programa con catro propostas para un público infantil e con entrada gratuíta. En todos os casos as actividades arrincarán ás 18:00 horas.

Mércores 20. O Mago Teto chegará á biblioteca da Laracha co seu espectáculo 4500 anos da incrible historia da maxia.
Xoves 21. Será a quenda para A alquimista (a ciencia dos libros), a cargo de Cristina Collazo, na biblioteca de Paiosaco.
Venres 22. O centro sociocomunitario de Caión acollerá A máquina do tempo, Teatro Gazafelhos.
Sábado 23. Cita na biblioteca da Laracha co contacontos Corochas a cargo de Xarope Tulú (actividade dirixida a nenos de 0 a 3 anos).

A programación destas representación está organizada polo Concello da Laracha en colaboración coa Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.