A Laracha conta cunha nova centenaria na parroquia de Soandres

O Concello da Laracha felicita á señora Francisca Prego Arcas, veciña de Curuxido (parroquia de Soandres), que na pasada fin de semana celebrou o seu 100 aniversario no Mesón A Taberna de Montemaior acompañada por parte da súa familia.

O alcalde, José Manuel López Varela, quixo sumarse a esta celebración e achegouse persoalmente para trasladarlle a felicitación e facerlle entrega dunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal. Tamén estiveron no acto o edil Manuel García e o párroco de Soandres, D. Manuel Mallo.

A señora Francisca reside actualmente coa súa nora Amelia e dous netos. Tivo un fillo, é avoa de catro netos e bisavoa de cinco bisnetos. Dedicou a súa vida ao coidado do fogar e aos traballos agrícolas na horta familiar.  

No concello da Laracha residen actualmente once persoas con máis dun século de vida, nove delas mulleres e dous homes.

Related posts

DJ Frisco & Marcos Peón: 20 años marcando el pulso de la música electrónica

UCGAL afirma que o acordo UE–Mercosur non rebaixa os estándares europeos de seguridade alimentaria

Dani Moreno (El Gallo), Dani BPM, Jossi, Charlie e Roy, entre outros, serán os Dj’s encargados de animar á Mikaela 2026