A Laracha continúa cos proxectos de mellora da eficiencia enerxética

1 minutes read

O Concello da Laracha anuncia que no próximo mes de setembro completaranse a execución dos traballos de instalación das luminarias da totalidade dos proxectos de MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA que son financiados co apoio do Instituto para la diversificación y ahorro de la energía (IDEA).

O proxecto referido ós PAVILLÓNS MUNICIPAIS está rematado.

Así mesmo, tamén está rematado o proxecto de instalación do alumeado público do ámbito do PARQUE EMPRESARIAL DA LARACHA.

Nos outros 3 proxectos restantes o estado de execución é o seguinte:

  • EDIFICIOS MUNICIPAIS: nos que están incluidos a Casa do Concello, Centro Sociocultural de Paiosaco, Edificio de Servicios Múltiples e a Biblioteca Pública Municipal, están nun 80% da súa execución.
  • O correspondente ós NÚCLEOS URBANOS DE LARACHA, PAIOSACO e CAIÓN cun total de 1.397 luminarias atópase nun 80% da súa execución.
  • E por último ó correspondente ós núcleos rurais, cun total de 2.493 luminarias, atópase no 60% da súa execución.

Os cinco proxectos están valorados nun total próximo aos 1,2 millóns de euros, dos cales o vinte por cento será financiando con fondos municipais. Estímase que o investimento que realizará o Concello estea amortizado nun breve prazo de tempo.

Polas súas características, estas actuacións teñen o dobre obxectivo da reforzar a aposta municipal pola redución das emisións e a loita contra o cambio climático ao diminuír o consumo eléctrico, o que tamén suporá adelgazar o gasto enerxético sen minorar a calidade do servizo.