Patinaxe | Continúan as probas de nivel na Laracha

PIXABAY

  • Desenvolveranse este sábado no pavillón municipal

No mes de novembro o pavillón municipal da Laracha acolleu a terceira fase de niveis libres de patinaxe -do 4 ao 10-, e este sábado 11 desenvolveranse máis probas -do 1 ao 3-. O evento, organizado polo Club Patín Conxuro, entre outras entidades e colaboradores, desenvolverase de 10:00 a 19:50 horas.

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de 200 patinadores de vinte clubs de toda a provincia da Coruña.