A Laracha contratará 13 traballadores co apoio da Deputación


Todos os traballadores e traballadoras serán contratados por un período de 7 meses, a razón de 30 horas semanais. Os custos laborais e de Seguridade Social son asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos), que este ano duplica o seu orzamento co obxecto de contribuír a paliar as consencuencias da pandemia. Os operarios seleccionados integrarán unha cuadrilla de obras destinada a realizar obras e traballos de reparación, mantemento, acondicionamento e mellora de diversas infraestruturas titularidade municipal coma parques e xardíns, vías públicas ou beirarrúas.