O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publicaba este xoves o anuncio da modificación da oferta de emprego público 2023 do Concello da Laracha, en virtude da que se incorporan dúas novas prazas vacantes de Policía Local como persoal funcionario.
Para unha maior eficiencia e simplificación administrativa, o Concello ten delegado na Academia Galega de Seguridade Pública o procedemento selectivo para a cobertura desas prazas. Farase mediante o sistema de mobilidade, valorándose por tanto os méritos das persoas aspirantes.
O Concello pretende, así, reforzar as tarefas de seguridade cidadá e control do tráfico que os efectivos da Policía Local desenvolven a diario en todo o termo municipal da Laracha.