- A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Concello
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ofrecerá na Laracha un curso sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito. Levarase a cabo o día 3 de xuño en horario de 10.00 a 14.00 horas.
A xornada, que será impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal co concello ourensán de Riós, vai dirixida especialmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.
Os obxectivos principais desta iniciativa son organizar ditas plantacións en función das zonas e do destino final do produto e complementar a formación dos produtores de castaña sobre as novidades de investigación, os tratamentos das árbores e as tendencias técnicas do mercado, entre outros aspectos.
As persoas interesadas en participar deben anotarse no Concello tanto de xeito presencial como chamando ao 981 60 50 01. A actividade é de balde.