- Actuarase en 300 quilómetros de estradas, 83 de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos
Na Xunta de Goberno Local da Laracha acordouse adxudicar 140.000 euros ao contrato de limpeza e roza de vías municipais. En total actuarase en máis de 300 quilómetros de estradas, 83 de pistas forestais e preto de 32 hectáreas de parcelas e terreos que non están no contrato do servizo de limpeza das zonas verdes.
Para axilizar os traballos procedeuse a dividir o proceso en cinco lotes:
• Lote 1. Parroquias de Cabovilaño, Caión, Lemaio, Lendo, Torás e Vilaño: 37.645,76 euros.
• Lote 2. Parroquias de Coiro, Erboedo e Soandres: 29.731,84 euros.
• Lote 3. Parroquias de Lestón, Golmar, Montemaior e Soutullo: 30.664,32 euros.
• Lote 4. Camiños forestais de todo o termo municipal: 27.313,74 euros.
• Lote 5. Parcelas e terreos de titularidade municipal: 14.524,02 euros.
Programa de voluntariado xuvenil
Na Xunta de Goberno tamén se acordou presentar á Consellería de Política Social o proxecto dun novo programa de voluntariado xuvenil. O propósito esencial é fortalecer a aprendizaxe dos voluntarios e reforzar os seus valores solidarios.