A Laracha | Dous feridos leves nun choque múltiple en Cabovilaño

0 minutes read

Tres turismos víronse implicados nun accidente de tráfico por alcance ocorrido este martes pasados uns minutos da unha da tarde na AC-552 ao seu paso polo lugar de Braña Grande, na parroquia larachesa de Cabovilaño. Un dos turismos freou de forma brusca, sendo alcanzado por outros dous que lle precedían. Dúas persoas foron atendidas polos servizos sanitarios, pero sen consecuencias graves. O sinistro motivou importantes retencións de tráfico en ambos os sentidos de circulación. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou á Policía Local da Laracha, á Garda Civil de Tráfico e ao 061.