A Laracha | Dous novos vehículos para o parque móbil da Policía Local

Concello da Laracha

  • Na Xunta de Goberno tamén se acordou a adhesión do Concello ao convenio subscrito entre a FEMP e a AEAT en materia de intercambio de información tributaria

Na Xunta de Goberno Local da Laracha, celebrada este xoves, foron adxudicados dous contratos de subministracións para poder incorporar novos vehículos ao parque móbil da Policía Local. Un deles adquírese en propiedade e o outro mediante renting. En ambos casos colabora a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia con cargo á liña de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental.

Os dous vehículos quedarán a disposición dos efectivos da Policía Local para facilitar que o seu labor diario se efectúe coa máxima eficiencia enerxética e a menor emisión contaminante posible.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén acordou a adhesión do Concello ao convenio subscrito entre a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e a Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en materia de intercambio de información tributaria e colaboración na xestión recadatoria coas entidades locais. O prazo de vixencia é de catro anos, durante os que ambas institucións manterán un sistema estable de cooperación mutua neses ámbitos.

Related posts

O Concello de Ponteceso completa a reforma dos camiños de Tella e reforza a protección do polígono fronte aos incendios

O BNG levará a loita contra a macroplanta de biogás de A Laracha a todos os concellos do Anllóns

O PSdeG acusa ao PP e ao goberno galego de “poñerlle alfombra vermella” á planta de biogás de Soandres