A Laracha e Paiosaco contan con transporte ás praias de Caión e Baldaio


O Concello da Laracha lembra a cidadanía que durante o verán está operativa unha liña extra de transporte de viaxeiros desde A Laracha e Paiosaco ata as praias de Baldaio e Caión.

Do mesmo xeito que se fixo durante o mes de xullo, tamén en agosto un autobús da empresa Arriva realizará de luns a venres o percorrido de ida A Laracha (15:00 h) – Paiosaco (15:10 h) – Baldaio (15:30 h) – Caión (15:50 h).

O inverso de volta sae de Caión ás 19:30 h e pasa por Baldaio (19:50 h), Paiosaco (20:10 h) e A Laracha (20:20 h).

A viaxe de volta soamente se realiza baixo demanda, é dicir, sempre e cando haxa usuarios na viaxe de ida que comuniquen a intención de regresar no autobús ou ben solicitándoo vía telefónica no 981 31 12 13 antes das 17:30 horas do día no que se desexe viaxar.