A Laracha | En marcha a última fase do proxecto de reurbanización da avenida Manuel Fraga

Pavimentación de la avenida Manuel Fraga_Ayuntamiento de A Laracha

  • O investimento total alcanza os 245.000 euros

As obras de urbanización da Avenida Manuel Fraga ata a rúa Maruja Mallo, pola parte posterior do instituto larachés Agra de Leborís, entraron na súa última fase. Este xoves desenvolvéronse os traballos de pavimentación da nova estrada, polo que agora só queda pendente o pintado das marcas viarias e dos aparcamentos, así como a sinalización horizontal e vertical.

Este proxecto, que en total supón un investimento de 245.000 euros, forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do instituto xa que ademais de crear a circunvalación que conecta directamente a estrada A Laracha-A Silva (DP-2404) coa estrada A Laracha-Soandres (DP-1913) pola Avenida Doutor López Astray, tamén permitiu habilitar un novo acceso cara o centro escolar para os autobuses que prestan alí o seu servizo. Con esta actuación refórzase a seguridade viaria ao evitar que eses vehículos teñan que circular por outras vías do entramado urbano da capital municipal. A apertura para os automóbiles en xeral realizarase nos próximos días.

Ademais, o Concello está a crear un punto de referencia para os veciños neste lugar coa construción dunha segunda pista polideportiva descuberta e un parque de patinaxe.