A Laracha | En marcha as obras de mellora da estrada no lugar de Padronelo, na parroquia de Cabovilaño

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Pablo Cambón, reuníronse no lugar das actuacións co director da obra para interesarse polo inicio dos traballos que se prolongarán durante os próximos días.

A intervención consiste na renovación da superficie de rodadura da estrada e no acondicionamento dos sobreanchos, que serán aproveitados para ampliar a plataforma da calzada e crear espazos para o aparcamento de vehículos, incluíndo o retranqueo dos postes do tendido eléctrico. Ademais, dotarase á vía cunha nova rede de recollida de augas pluviais. Culminaranse os traballos coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria.

A execución deste proxecto suporá un investimento de 90.000 euros.

Related posts

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso