A Laracha | En marcha as obras de saneamento e mellora viaria na parroquia de Caión

1 minutes read
  • As intervencións estanse producindo no núcleo de Xermaña e contan cun orzamento de 63.000 euros

O Concello da Laracha ten en marcha as obras de mellora do saneamento e da rede viaria no núcleo de Xermaña, na parroquia de Caión. Ata o lugar achegáronse este martes o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto, para comprobar os traballos.

O proxecto, valorado en 63.000 euros, contempla dúas intervencións ben diferenciadas: a mellora do saneamento de residuais coa instalación dunha rede de impulsión e a renovación da superficie de rodadura de dous camiños de titularidade municipal situados no mesmo núcleo de Xermaña. Estas vías suman unha lonxitude duns 350 metros e comunican a zona da intervención coa estrada DP-0514.