A Laracha entrega os premios do concurso fotográfico ‘Día da Muller Rural’

Entrega de premios del concurso 'Día da Muller Rural'_Concello da Laracha

  • Os seis galardóns suman un total de 700 euros en vales de compra para gastar no comercio local

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Igualdade, Rocío López, entregaron este venres os premios do concurso fotográfico ‘Día da Muller Rural’.

Cada categoría contou con tres premios consistentes en vales de 200, 100 e 50 euros para gastar nos establecementos comerciais do termo municipal. As imaxes gañadoras foron as que recibiron un maior número de megusta no facebook municipal.

Categoría “Mulleres rurais do pasado”

  • 1º Premio: “As vodas do pasado: Un día de voda” de María del Carmen Iglesias Fraga.
  • 2º Premio: “Abuela Xoana” de María Sánchez Tuset.
  • 3º Premio: “Nena chamando á corda unha parella de vacas” de José Souto Pallas.

Categoría “Mulleres rurais do presente”

  • 1º Premio: “María levando o tractor” de Laura Gayoso Mareque.
  • 2º Premio: “Cocendo no pan” de María Sánchez Tuset.
  • 3º Premio: “Amor de sacho” de Alberto Méndez Faquet.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha