A Laracha estrea Aula Mentor coa apertura de matrículas o 30 de setembro


O Concello da Laracha, únese ó programa Aula Mentor e contará dende este curso cunha das máis de 350 Aulas Mentor do territorio nacional.

Trátase dun PROGRAMA DE FORMACIÓN ONLINE non reglada, flexible e con titorización persoal promovido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O programa está dirixido a adultos e conta cun extenso catálogo de máis de 200 cursos, titorizados por un profesional da materia e con CERTIFICADO OFICIAL, cos que ampliar competencias persoais e profesionais.

Ademais de contar con todas as vantaxes da formación online, na Laracha os usuarios contarán cunha aula equipada e un administrador que  axudará e guiará aos alumnos matriculados nas súas dúbidas referentes ó programa.

Os cursos pódense facer dende a aula a disposición dos alumnos matriculados ou dende a súa casa, e sempre contarán ademais do docente experto na materia, con un administrador que velará polo bo desenvolvemento dos cursos, informará e orientará axudará no proceso de matriculación

Con esta iniciativa, o Concello aposta novamente pola formación de calidade, neste caso por unha formación flexible, online e adaptada ás necesidades dos adultos como alternativa á rixidez propia dos sistemas educativos convencionais.

Se estás interesado en informarte, podes obter máis información en aulamentor.alaracha.gal ou achegarte ás XORNADAS DE PORTAS ABERTAS que se celebrarán os vindeiros 27 e 28 de setembro, de 11:30 a 13:30, no 2º andar do Edificio Administrativo do Concello da Laracha. Tamén podes chamar ao tlf. Directo de Aula Mentor 669963094 ou ó 981612811.