A Laracha executa a mellora das estradas de Soandres

Foto_Arquivo.

O Concello da Laracha está a rematar a execución dun amplo proxecto de mellora da rede viaria en todo o lugar Villamir, un destacado núcleo de poboación rural da parroquia de Soandres no que residen preto de setenta veciños.

A actuación contemplou a mellora de cinco vías de titularidade municipal que suman en total 1.064 metros lineais de lonxitude. A última delas estase pavimentando para completar os traballos previstos despois de terse acometidas obras de similares características noutras catro vías próximas. Ademais da renovación da superficie de rodadura dos vehículos, tamén foron melloradas as redes de saneamento e abastecemento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha