A Laracha | Fase final da execución das obras de mellora viaria en Padronelo, na parroquia de Cabovilaño

A intervención consiste na renovación da superficie de rodadura da estrada e no acondicionamento dos sobreanchos, que serán aproveitados para ampliar a plataforma da calzada incluíndo o retranqueo dos postes do tendido eléctrico. Ademais, dotarase á vía cunha nova rede de recollida de augas pluviais. Culminaranse os traballos coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria. Estas obras remátanse agora despois de que se tivesen que paralizar nos dous primeiros meses do ano debido as condicións climatolóxicas adversas. O investimento alcanza os 90.000 euros cofinanciados pola Deputación da Coruña a través do Plan Único POS+.

Related posts

Carballo dá o paso definitivo para a integración da Pedra Moura de Aldemunde no Parque do Megalitismo

O Concello da Laracha organizará un novo obradoiro dual de emprego coa colaboración da Xunta

O IES Maximino Romero de Lema de Baio acolleu unha charla sobre a represión franquista