A cita que se celebrou no pavillón do IES Agra de Leborís comezou ás 13:30 horas cunha misa oficiada polos párrocos D. Manuel Boullón e D. Manuel Mallo. A continuación o alcalde tomou a palabra para darlle a benvida aos asistentes e facer un percorrido polas actividades para o colectivo das persoas maiores que organiza o Concello durante todo o ano, especialmente aquelas centradas na prevención da soidade non desexada.
O menú do xantar estivo composto por empanada, polbo á feira, carne asada, sobremesa e café.
E antes do baile, que comezou sobre as 17:30 horas, o alumnado da actividade de Bailes en Liña do programa municipal «Saudables» fixo unha exhibición.
Como é habitual neste evento, o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, fixeron entrega dun detalle institucional á muller e ao home máis veteranos que asistiron ao evento, que foron:
– Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras. Veciña da Agrela (parroquia de Lestón). 101 anos de idade.
– Manuel Sánchez Tuset. Veciño da Porta Santa (parroquia de Lestón) de 94 anos de idade.