- O goberno local tamén contempla a creación dun parque de patinaxe ao lado do instituto
O Concello da Laracha continúa desenvolvendo os proxectos previstos no Plan especial de equipamentos educativos que se está a acometer na parte posterior do IES Agra de Leborís. Nestes momentos están en marcha as obras de creación da pista polideportiva descuberta que contará, a través de marcas lonxitudinais, dunha pista de fútbol e dúas de baloncesto. Terá iluminación en báculos, valado perimetral de malla e o correspondente equipamento deportivo.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, acudiron ao lugar das actuacións para interesarse polo estado de execución do proxecto, valorado en 98.000 euros.
O Concello tamén ten prevista a creación dun parque de patinaxe preto do instituto, un proxecto que se sacará a licitación en próximas datas.