- Nuns días publicaranse os pregos na Plataforma de Contratación do Sector Público
O Concello da Laracha ten previsto sacar á contratación na vindeira semana varios proxectos dirixidos á mellora da rede de saneamento de residuais, así como de estradas municipais nas zonas rurais. Estas actuacións están valoradas nun total de 235.000 euros e están incluídas no POS+.
Na parroquia de Caión realizarase unha intervención en Xermaña onde, ademais da mellora da rede de saneamento coa instalación dun bombeo, se procederá a acondicionar a superficie de rodadura en dous camiños públicos. O resto das obras centraranse exclusivamente na mellora da rede viaria, con actuacións proxectadas nas parroquias de Caboviaño (estrada O Chamusco-Arén e núcleos de Nogán, As Ribas, A Teixoeira e Cardois), Soandres (Bocixa e O Campo Medado), Vilaño (Vilaño Vello), Montemaior (A Ribeiriña e A Cerdeira), Lendo (accesos a Lista e Os Abelares) e Coiro (O Pereiro).
As empresas interesadas en presentar as súas ofertas terán un prazo determinado despois de que se publiquen os pregos na Plataforma de Contratación do Sector Público.