- Desde o Concello agardan que isto sexa un incentivo para que a bicicleta gañe terreo como medio de transportable máis sostible
Este mércores quedou instalada, e en funcionamento, unha estación de lavado de bicicletas na rúa Manuel Murguía da Laracha, xunto ao IES Agra de Leborís. Con este novo equipamento público, e de uso gratuíto, desde o Concello agardan que a veciñanza se vexa motivada a usar máis este medio de transporte.
A estación consta dun espazo no que introducir a bicicleta, mangueira de auga a presión e catro cepillos adaptados para a limpeza manual. No relativo á zona de instalación, desde o goberno local consideraron que a localización era a máis axeitada pola súa «situación estratéxica» dentro do núcleo urbano da capital municipal, nunha zona residencial que tamén é «un punto de encontro para as familias pola presenza dos parques infantís da Praza o Recreo e para a mocidade por situarse xunto ao centro de ensino».