A Laracha | Investigan a unha persoa polo uso indebido dunha arma branca


A Garda Civil da Laracha investiga a un home da localidade por, presuntamente, ameazar cun coitelo a unha persoa da contorna dunha entidade bancaria do municipio. Tras ser presentada a correspondente denuncia por persoal adxunto á oficina e o correspondente visionado das cámaras de seguridade, esta persoa foi localizada e aínda que permanece en liberdade, está a ser investigada, polo que podería ser acusada dun posible delito de ameazas con arma branca.